
Impecable propuesta celtarra de cara a afrontar este trascendental tramo del torneo liguero,
ya lo sabes no decepciones a tu equipo y unete a la fiesta de la animacion celeste, contamos contigo, no nos mires, unete!!!!
O pasado mércores día 7 de marzo, varios representantes do noso grupo reuníronse con representantes doutras peñas celtistas, como Comando Celta, Siareiros.net, Carcamáns, O Grove, Esmorga Celeste,… nunha tentativa de aunar esforzos porque mellore o ambente en Balaídos e que dende as bancadas empurremos ao equipo cara a vitoria en vez de fomentar o nerviosismo dos xogadores e a división do celtismo. A mellor forma de calar asubíos é animar entre todos, e facer da zona Fondo/Marcador un auténtico pulmón alentando sempre ao equipo, que contaxie o ánimo ao resto de bancadas. Nós compremetémonos a unirnos a todo o que sexa sumar e axudar a que o equipo vaia para adiante, e a ignorar aos que pretendan provocar malos rollos entre bancadas. Berros como Mierda de afición, Nós somos o Celtismo ou tararea-lo nome do adestrador van provocar irremediablemente mal ambente no estadio, inda que poidamos ter razón, pero nós non estamos para iso. A mellor forma de respostarlles é berrar a prol do equipo con máis forza que nunca, e non entrar ao trapo, incluíndo posibles provocacións ou insultos.
Dende esta mesma páxina temos criticado a peñas como Comando, pero unha vez sentados con eles e intercambiar opinións, o certo é que todos temos un obxectico común: o apoio incondicional ao equipo.
O vindeiro partido desplegarase unha faixa dende Marcador ata Fondo coa frase UNIDADE. Polo ben do Celta, agardamos que así sexa.

Tremendisima fiesta, la aficion despues de salir de su letargo tras el partido de ida contra el WB, parece que continua progresando y, por fin, empuja al equipo,este es el camino.