Nuevo galardon para “temporada92/93″ un socio del Celta logra elPremio del Publico en el Festival Curt Ficcions con una comedia negra sobre el amor al equipo.
A partir del 23 de marzo,” Temporada 92 93 ” recorrerá ocho ciudades españolas con sedes de Yelmo Cinelplex Sant Cugat, Vigo, Albacete, A Coruña, Málaga, Oviedo, Santa Cruz de Tenerife y Barakaldo. Reproduciendose el corto previamente a las peliculas.
Además, el Instituto Cervantes, en colaboración con Curt Ficcions, llevará este corto a Bélgica, Francia y Marruecos.

Alejandro Marzoa concibe o filme como inxección moral para a afección
O aniversario dun fillo que o impide asistir persoalmente ao estadio, os dez últimos minutos de tempada, máis a situación desesperada dun equipo a piques de baixar a segunda arrastran a un afeccionado de pro ao transistor, pero tamén a un cúmulo de peripecias que o sitúan preto do descalabro psíquico e social.
Porén, “Temporada 92-93”, a epopea trazada polo vigués e socio do Celta, Alex Marzoa, en torno á paixón que levanta o fútbol nos cidadáns de a pé continúa a colleitar galardóns. O último, o Premio do Público do Festival Curt Ficcions que se suma a distincións anteriores como a de Canal +, no Festival de Cinema de Alcalá de Henares, ao Primeiro Premio e Mellor Interpretación Masculina para Carlos Blanco, un dos protagonistas do filme, no Festival de Praia das Américas, ao segundo Premio en Benalmádena ou á Mención Especial do xurado no festival “Humor en Corto”.
A cinta, froito dun traballo fin de carreira, describe o desencontro persoal de dous celtistas que viven o posible descenso do seu club como unha traxedia persoal que mesmo deriva en dúbidas éticas. “É unha especie de loa a tantos anos de sufrimento que pasamos os bos afeccionados”, subliña Marzoa, a engadir que a escolla da tempada 92-93 non é casual “senon que lembra nomes míticos para nós como Gudelj, Villanueva ou Salinas”. Malia constituír un exercicio académico, a curtametraxe contou coa interpretacións dos recoñecidos actores galegos Carlos Blanco e Miguel de Lira que, segundo salienta o director “implicáronse ao cen por cen de balde, ao igual que Pepe Domingo Castaño ou Paco González, responsables das voces que saen pola radio á que se aferra o afeccionado”.
Tocante ao ton da película que oscila entre a gargallada e a amargura.
Marzoa explica que “a miña intención era construír un drama pero saiume unha comedia negra”. Non obstante, Marzoa expresa o desexo de que a curta serva de “inxección moral para os celtistas nestes momentos dificilísimos que estamos a padecer unha vez máis, aos que estamos acostumados e dos que sempre saímos”