
A partires deste domingo, e dende unhas duas horas antes do comezo do encontro do Celta ante o Las Palmas, xa poderedes facervos, por únicamente 10 euros, socios de Celtarras.
Poderedes anotarvos tanto na nosa zona habitual antes dos encontros ou mesmo no interior da bancada de Fondo durante o descanso. Dende esta tempada, procuraremos que os socios se beneficien en canto a descontos en viaxes, material, etc, así como noutras cousas relacionadas con esta peña.
Xa se están facendo os carnets, desta volta en formato tarxeta de crédito, a agardamos telos xa disponibles precisamente para este vindeiro domingo, para poder dalos no mesmo intre no que cada persoa vaia facéndose socia.
Así que xa sabedes, este finde a facerse todos socios.
0 Respuestas a “Celtarras. Faite socio.”