Nova seccion Celtarra.

kalakikoio>

Queremos presentarvos a unha nova sección do grupo, formada recentemente por preto de 15 mozos que queren dar guerra, e que se unen a outras xa existentes como Celtalkol, Porrostroika ou Punkteareas. Este pasado domingo repartíronse pola nosa bancada unhas octavillas onde, ademais de pedir á xente que se fixera socia de Celtarras, se lle animaba tamén a formar seccións cos colegas, nun xeito de dotar á nosa peña dunha mellor organización. Agardemos que non sexan os derraderiros en aparecer, e que máis xente se anime a crear novas seccións.

http://celtarrismo.blogspot.com


Image Hosted by ImageShack.us