O Celta voltou a vivir outro momento de comunión inesquecible cunha afección capaz de sobrevivir a tódalas crises. Temos na memoria colectiva aquelas viaxes, en algún caso longas e custosas da nosa afección para animar ao noso equipo nos momentos duros que se viviron o ano pasado. Donosti e Madrid, os dous derradeiros partidos que dispotou o Celta na busca dun obexectivo que semellaba inacadable; a permanencia.
Aquelas dúas tardes, unha de domingo e outra noitiña de sabado, Anoeta e o Vicente Calderón, un recuncho celeste alentaba aos xogadores sin pedir nada a cambio, sinxelamente entrega e esforzo para acadar o exito. Non puido ser, a pesar da gran victoria dos nosos no Calderón, a apatía do Racing de Santander e, tamén hai que dicilo, os fallos celtiñas ao longo da tempada, enviaron ao Celta ós infernos.
Nunha semana na que se anunciaron os resultados da campaña de aboados, con casi 6.000 “celtistas” que preferiron deixar só ao Celta na súa travesía pola Segunda División, resulta especialmente motivante para os xogadores ver a resposta da nosa afección onte en Xixón. Máis de mil afeccionados obviaron as dificultades da viaxe, tanto loxísticas como económicas, para animar e apoiar ao equipo nun choque trascendental. Os xogadores souberon agradece-lo apoio ó remate do partido. O apoio dunha afección que non parou de animar aos seus e que foi inxustamente tratada por canal + (¿Debemoslle algo a Sarabio e a Barbero?) que se cansaron de ensalzar á afección sportinguista e que tiveron os santos collóns de dicir que “ahí está la afición sportinguista, animando ya 20 minutos de que comience el partido, que orgulloso tiene que estar el sportinguismo, ¿Verdad, Manu? dicía o gafiñas mentras as cámaras, traizoeiras, enfocaban a afección celtiña cantando.
Deixando a un lado as filias e as fobias dos de Canal +, un non pode menos que sentirse orgulloso da miña afección. Desa xente, que coma mín, sinte os colores celestes como propios. Desa xente que se a pinchas non sae sangue vermella, senón azul celeste. Moitos non puidemos ir, por diversas razóns que agora non é momento de explicar, pero dende Vigo ou dende estivesemos, sentimos que un pedazo de nós estaba en cada bandeira, en cada bufanda, en cada camisola, en cada un dos alentos dos compañeiros celtistas que dende aquel recuncho do Molinón animaban ao noso equipo. Ao final, ¿Qué máis dará en qué categoría xoga o Celta? Estamos por riba de todo iso. E eles, dende logo demostrarono.
Sei que moitos de vos, moitos dos que pasades por este recuncho celtista, estivestes onte en Xixón. En nome meu quero darvolas gracias. Gracias por facer que dalgún xeito eu tamén estivese representado no Molinón. E gracias tamén a todos aqueles que sinten as cores do Celta, aínda que onte viran o partido no bar, na súa casa ou o escoitarán pola radio. Cando xoga o Celta, dalgún xeito todos estamos unidos, aínda que estemos moi lonxe uns dos outros.
P.D: ¿A ver se algún de vos se atopa? xD
HALA CELTA!!!
0 Respuestas a “Unha AFECCIÓN incontestable.”