En todos os partidos que xogue o Celta en Balaídos, lembraremos todos xuntosno minuto 12 de cada tempo que o Celta e a nosa cidade, da misma forma que o resto de equipos e cidades similares á nosa, deberían ter uncampo novo… xa!.CAMPO NOVO XA!
Celta-Castellón. Falamos coa xente, buscáronse apoios, repartíronse octavillas co texto de “Balaídos século XXI”que podedes ler neste blog, e chegado o minuto 12 do partido despregáronse pancartas en diferentes gradas
Marcador:
Fondo:
Tentouse que ás 9.000 gorxas celestes que estaban no estadio cantaran o noso lema : “Campo novo… Xa!” pero a cousa non era doada e non logramos este obxectivo. Non importa, o sábado foi o debut e quedan moitos partidos por diante para tratar de acadar os puntos necesarios para o ascenso e para seguir coa nosa iniciativa.
Xuntos faremos forza. Xuntos vámolo conquerir: “Campo novo… Xa!“
Tribuna:
Río Alto(fáltanos a foto da pancarta)
Balaídos século XXI
Somos afeccionados celtistas que a cotío acudimos a ver e a animar ó RC Celta. O noso marco de actuación non é outro que o municipal estadio de Balaídos: esa antiga e vetusta construción que domingo a domingo móstranos as súas carencias, non só de comodidade senón incluso de seguridade. Non hai máis que dar unha volta ó redor do estadio para ver o lamentable estado no que se atopan as instalacións. Cremos que a situación está a chegar a tal extremo que a seguridade dos espectadores está en entredito debido as precariedades que ofrecen as bancadas, accesos, servizos, etc.
Despois de moitos anos en que os sucesivos inquilinos do consistorio vigués obviasen o deterioro do coliseo celtista cremos que é hora de atacar con seriedade e rigor o asunto dun novo campo para Vigo.
Chegados a este punto esiximos que definitivamente se aborde a construción do noso campo, un campo que sexa orgullo dos celtistas e dos vigueses, un campo para o século XXI.
