BOTELHO

Este lateral esquerdo brasileiro é unha das incorporacións de cara ó campionato que comeza en aproximadamente un mes que a priori pode plantexar máis dúbidas sobre o seu rendimento, xa que ben precedido dunha sona de conflictivo e amigo das festas e maila noite.

Cedido polo Arsenal ó Salamanca nas dúas tempadas anteriores, apenas aportou algo ó conxunto charro, e ogallá se centre e se adique en exclusiva ó fútbol para poder rendir a un nivel óptimo no noso equipo. De facer honra a esa sona que lle precede, máis de un debería marcharse con el ó remate da vindeira campaña, pero agardamos que iso non aconteza e poida contribuir á consecución do ascenso, o único obxectivo ó que sempre debe aspirar o Celta en segunda división, inda que haxa siareiros que celebren por todo o alto non descender a Segunda B (incrible pero -lamentablemente- certo).

Segundo contan, esta cesión pode custarlle 0 euros ó noso equipo, xa que se disputa 10 encontros ligueiros, o Celta non deberá pagar absolutamente nada ó equipo propietario do xogador, o Arsenal londinense, inda que tampouco podemos fiarnos ó 100% desa información, xa que non é a primeira ocasión na que esta ou anteriores diretivas célticas nos soltan milongadas que ó final están afastadas da realidade.

Esta incorporación é a cuarta para unha liña defensiva que a pasada tempada lle custou o Celta a perda de moitos puntos, e que supón xustamente a metade da defensa nova (Ortega, Catalá, Vasco Fernandes e Botelho). Os outros catro que continúan son Edu Moya e mailos canteiráns Noguerol, Lago e Jordi.


Image Hosted by ImageShack.us